Publicacións

Dito 98 : Pepe foise de Rositas

Imaxe
  Pepe foise de Rositas    Non sabería dicir con certeza si foramos amigos ou compañeiros, o certo era que sempre nos levamos ben. Na escola do Taller á que asistiramos dende os seis anos, sentabámonos durante un tempo nun mesmo banco onde, co resto dos da fila e sen que a mestra se dese conta, abriríamos a petrina mais dunha vez para comparar quen era o que a tiña mais grande. O descorrer do tempo e a natureza fóranse encargando de que pasásemos de rapaces a mozos case sen darnos conta, aínda que uns mais favorecidos fisicamente que outros para gustarlle ás mulleres, así el acabaría tendo moito mais éxito sen apenas molestarse en buscalas mentres que a min, por moito que o intentase, faríanme menos caso. Cumpridos mais ou menos dezaoito anos Pepe “botouse” unha moza na Seara cando aínda estaba de moda que a nai da moza deixase subir ao cuarto da casa ao seu pretendente; eu acompañárao algunha vez, mais que nada para ir de paquete na súa Montesa que acababa de compr...

Dito 97 : Os devanceiros

Imaxe
  Os devanceiros Segundo o minucioso e detallado inventario levado a cabo polos autores do catastro de Ensenada, no   Santomé de 1752 vivían no lugar 59 familias dás que se podería estimar un resultado aproximado de 250 habitantes. Ollero aquí non sería un apelido, era un oficio ( oleiro ), que facía olas de barro, en Santomé había dezaseis rexistrados, todos homes, pero solo   no escrito, a realidade sería ben distinta. Nun estudo publicado neste mesmo blog co título de oliñas veñen e van (22/5/2020) , se sostiña que maiormente serían as mulleres as que máis se dedicaban a este oficio, mentres que o traballo dos homes limitaríase en axudarlle a buscar o barro e cocer as olas xa rematadas nos tres fornos comúns que houbera no lugar. Que a muller quedase relegada neste tipo de documentos, pode apreciarse tamén comparando no gráfico: Juan Gago era zapateir o, José Pérez e Juan López oleiros ; aos homes sempre lles asignaban unha profesión, mentres que Juana Pérez, q...

Dito 96 : Relato documentado

Imaxe
  Aira e capela de Ramiras Relato documentado segundo a prensa da época Chovía forte naquela noite do dez de marzo de 1934 cando chamaron á porta da casa do alcalde pedáneo de Ramiras os axentes de policía Benito Alejos Estevez e Juan Santos Mendez, estes irían vestidos de paisano e querían que alguén de confianza os guiase á casa de Xosé Villar Dieguez (o Furriqueira), veciño tamén do lugar. A idea da policía era detelo como presunto autor dun crime cometido facía xa varios días nos arredores de Velle. O encargado de acompañalos acabou sendo o fillo do pedáneo, Máximo Dieguez Pérez. Unha vez á beira da casa, colocaríanse nalgún punto estratéxico para esperar ao presunto criminal. La Zarpa 11 Marzo 1934 Mais ou menos a esa mesma hora, dez da noite e co mesmo obxectivo, habían saído do posto da garda civil de Barbantes o cabo Ramón Varela e os gardas Xosé Álvarez Sousa e Francisco Pérez Heras, acompañaríaos como guía e confidente Baldomero Ferro Álvarez, veciño tamén de Ramiras. Tan...

Dito 95 : À hora do café

Imaxe
  Conversas com Estoutevendo À hora do café - Home, Estoute, estava-te buscando ! - Estoute, ti lés poesia ? - A!, bem, gostache mais a prosa, peró o que mais che gosta de momento e a prosa poética, ou que ? - Que haja algo de retranca polo médio, metáforas, paradoxos, ironia, dissonáncias e métrica tamém, rítmica. - Eu tamém estudo, sabes?. Algum dia podemos estudar os dous juntos; claro que ti és muito mais novo que mim e a tua visom seguro que é mais moderna e o teu interesse moi diferente do meu; já se vé, onde vás parar, só com ver-te vestido di-o todo. - Entendes, misticismo ? Quero dizer se tés lido. - Ti só escreves prosa, ou ? Ao melhor fás um diário, porque parece-me que o gravas todo. - Penso que está bem ler cousas doutras culturas, esperta a imaginaçom e o entendimento, creio eu. - Eu vejo assim, que lhe queres ?, ti nom sei ?. - Falas tam pouco, chacho ! Peró bem, polo menos escuitas com muita atençom à gente, Estoute. Corona falar contigo sempre, ainda que moneas mai...

Dito 94 : Venancio das Pitas

Imaxe
  Ramiras (Maio 2011) Venancio das Pitas    Aquela nai acostumaba a chamarlle ao seu fillo nomes ou alcumes cariñosos que gardaría na súa memoria de recordos. Aqueles sobrenomes podían non ter moito orde nin sentido pero moito menos  intención de ofender, aínda que a veces podería parecerllo a alguén alleo que o escoitase. Escapado do circo, Fankín, Merchor, Negro da argola ou Venancio das Pitas, serían solo algúns daqueles motes, seguro que había mais pero todos terían un significado ou motivo parecido que serían o afecto, a tenrura ou o mimo. Escapado do circo debía de chamarlle no tempo que o rapaz andaba bastante fraco e desgarbado ou viña de xogar lixoso e mal vestido. Fankín era un garda rural non moi agraciado da Bouza que casara cunha muller de Santomé; cando lle chamaba Merchor, o rapaz supoñía que se referiría ao rei mago e cando lle dicía Negro da argola, o que debía era querer dicir negro de Angola. O rapaz sempre pensou que Venancio das Pitas chamá...

Dito 93 : O catastro de Ensenada

Imaxe
  A carga dunha muller    O Catastro de Ensenada Si alguén estivese interesado en saber algo mais da orixe e a historia do seu pobo, nada mellor que percorrer a documentación escrita a mediados do século XVIII, e que agora se pode atopar dixitalizada na paxina pares do ministerio de cultura, sobre o catastro de Ensenada . Ben e verdade que son imaxes fotografadas do texto orixinal e a veces custa bastante entender o que poñen, pero aínda así merece a pena visitala, non solo pola ampla información que contén senón tamén polos detalles curiosos con que serían tratados algúns dos temas. Por esas datas Galicia dependía da Coroa de Castela que estaría gobernada polo seu rei Fernando VI e que contaba como secretario de Facenda, Marina e Indias ao Marqués de Ensenada ; personaxe que chegaría a facerse famoso pola substitución dos tributos que se viñan aplicando tradicionalmente a cambio dun imposto único, o catastro , que gravaría en proporción á capacidade económica de ...