Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

Dito 67 : Outro touro

Imaxe
  A Odisea de Petolo    ¡Outro touro, Outro touro! Contaba Serafín que cando eran bombardeados polos avións alemáns, alcumados as Pavas, os homes que estaban nas trincheiras tirábanse no chan e cubríanse como podían, pero unha vez pasado o perigo, levantábanse eufóricos aplaudindo e berrándolle: ¡Outro touro, Outro touro!, esta sería a súa maneira de tourealos xa que no seu bando os avións sempre andaron escasos.        « Venceredes pero non convenceredes. Venceredes porque tedes sobrada forza bruta, pero non convenceredes porque convencer significa persuadir. E para persuadir necesitades algo que vos falta nesta loita, razón e dereito. Paréceme inútil pedirvos que pensedes en España.» Miguel de Unamuno Despois dos anos xa pasados, aínda hoxe se segue poñendo a Franco como o principal autor do levantamento contra o goberno da Segunda República. Franco era un dos militares mais notables do exercito naquel intre, había sido xefe de Esta...

Dito 65 : Tempos de sega

Imaxe
A Odisea de Petolo Tempos de sega   << Fálame, Musa, daquel home enxeñoso que andou errante longo tempo, despois de destruír a sacra cidade de Troia.    Que viu as poboacións e coñeceu os costumes de moitos homes e padeceu no seu ánimo gran número de traballos na súa navegación, en canto procuraba salvar a súa vida e a volta dos seus compañeiros.     Mais nin aínda así puido libralos, como desexaba, perecerían todos pola súa mesma demencia. ¡Insensatos! pois acabaron coméndose os bois do Sol, fillo de Hiperión, e este quitoulles o día do seu regreso.     Oh deusa, filla de Xúpiter, cóntanos aínda que non sexa máis que unha parte desas aventuras.>>    Homero, a Odisea, Canto I Salvando os tempos e as distancias, xa que os separaban mais de vinte e oito séculos, Ulises e Serafín acabarían tendo moito en común. Un e o outro, sen desexalo, acabaron abandonando os seus fogares para acudir a unha guerra que, para nada, ía co...

Dito 64 : Muinho do Gato

Imaxe
  Antigo muinho no rio Gato Muinho do Gato Cuspim o meu veleno numha pedra moi velha, que era roda de muinho e comezou a girar aquela grande pedra, como se moera milho. Saiu rodando a roda polo caminho abaixo, deixando farangulhas no ar, polo seu paso, deixando os outeiros pintados da cor neve, encheu de nuvens o ceo. Eu cuspim numha pedra, que era dum velho muinho, entom alí renasceu um campinho de milho. Os probes que viviam, choutarom de alegria, contentes coma cucos. Fizerom a colheita, ja polo Sam Martinho. Comerom papas milhas durante todo o inverno. - o - Foto : Muinho do rio Gato,        Marzo de 2009 Moradelha editora

Dito 63 : O sargento de Estoutevendo

Imaxe
Regimento  Artilheira Alta Montanya Huesca 1976 Conversas com Estoutevendo O sargento de Estoutevendo em porrancho -Imaginária, que se presente inmediatamente el gallego ese, se va a enterar de lo que es el ejército !!    - Mi sargento : veu a minha moza a ver-me, vostede ja m'entende, dende tam lonje, aqui pasa-se muita fame, ja sabe, ... - Bueno..bueno, o soldao da guarita de pouco nom che pega um tiro, eu houvera-ch'o pegado. - Pasaches a noite fora, saltavas o valado e nom sabías o santo e sinal, polo tanto eras um enemigo pra el. Estoute levava-lhe uma botelha de augardente blanca, coas mans atrás, desemulando. Ofreceu-lhe um Winston, que enchera cumha pouca merda, que lha traíra seu amigo sevillano. A cousa nom era de desapreciar, tabaco nom havia de abondo. - "Te voy a empurar, nom te licencias ata que morra o rei, tenho-te vigilado e sei que és um rojo" - Pase por que vejo-te bom rapaz Deixou-no marchar para poder dar-lhe um tento o augardente, com toda tranqu...

Dito 62 : Estoutevendo na mili

Imaxe
Pirineo aragonés, 1976 Estoutevendo   na mili (Sargento) - Haver ! Como se chama vostede ?    -Estoutevendo Zas !, duas hóstias - A mim so me ve do capitam para riba - Que como se chama, caralho ?   - Estou-lho dizindo Zas !, duas hóstias mais - A mim so me dize do coronel para riba ... assim média hora O Estoute cheio de hóstias. - A mim so .. do comandante para riba Assim ata que chegarom as hóstias do general, a duas mans. Ja o Estoute espelicado polo chan, cheio de hóstias. - Mire na carteira, mi Sargento, na minha guerreira, por Deus !. As derradeiras hóstias, coa man do revés, Zas ! - Eu nom tenho nada que mirar. Ao fim o Estoute médio morto, sem poder falar. O sargento mirou na carteira - Cona ! - Nom podo crer o que estou vendo ! - Estoutevendo Malhado , nasceu em Santo Tomé, Cartelle. O sargento fora de si, liou-se a hóstias co carné de identidade do Estoute. Ai Mundo Mundo, as hóstias que hai que aguantar ho ! -- o -- .. continuará ..  ( o sargento, em...

Dito 61 : Por unha verza branca

Imaxe
  A Fontela de Santomé Setembro de 2018 Por unha verza branca   Era o día da festa de Ramiras, 24 de Setembro de 1946. Remixio e Manuel da tía Lolita, vestidos xa coa roupa nova, pasaron pola casa do Fouceiro a buscar a Xosé quen era o seu habitual compañeiro de festas. Alí dixéronlle que non estaba e, tampouco lle souberon dicir onde podía andar, cousa que lles sorprendeu bastante pero, como xa era tarde para esperar, marcharon os dous solos, pensando que xa o encontrarían mais tarde. A familia dos Fouceiro serían os pioneiros en plantar verza branca nas terras de Santomé e, faríano nunha ardade moi fértil que tiñan na Fontela, co resultado duns exemplares que serían a envexa da xente que pasaba pola súa beira. Isto traería outro tipo de problema; que da noite para a mañá desaparecera algún pé de verza das mais  repoladas. O Tío Purrela de Ramiras quedara viúvo con tres fillos que, a duras penas podía manter dado o seu estado económico de precariedade. Aínda así,...

Dito 60 : O mestre da Cruz

Imaxe
O mestre da Cruz     Moito antes da escola do Taller, aberta pouco despois da guerra, estivera funcionando en Santomé, dende principios de século a escola do Cruceiro, situada esta na primeira casa a esquerda baixando cara o Fondo do Lugar. Mestres que se recordan nesta escola, pode que non por este orde: Antonio Feberero, natural de Santomé, pai de Senén e da tía Concha do Caravel ; Antonio Reza de Tallón; unha mestra da familia Del Caño de Cartelle; Francisco de Celanova, este sen título de mestre, viviu na casa de Herminda, nai de Concepción, a que agora e de Virxinia;   Aurora da Arnoia que, mentres estivo   no pobo, viviría na casa da Tía Isaura; Bautista de Santomé e Nabor de Xestosa.     De todos os nomeados, do único que hai información fiable e de Bautista, por poder contar coa axuda dos seus fillos Eladio e Julita, aínda hoxe con moita memoria para recordar feitos e vivencias acontecidas a seu pai.   ...

Dito 59 : Non é nostalxia, é memoria

Imaxe
Non é nostalxia, é memoria Para o que nunca oíra falar de min, dicir que estou situado a uns 450 metros de altitude, no suroeste, cara o Coto de Novelle, ollando os montes de Portugal. A pouca distancia de aquí,  entre as fontiñas do Fragoso e a Pedra Furada, fago converxer os concellos de Toén, Castrelo de Miño e Cartelle nun punto nomeado Trifinio. Cando chove no Picoto dos Corvos, as gotas que caen do lado de Ramiras, irán a parar ao Fragoso e chegaran o Rio Miño entre Vide e Astariz. As que dan a Moradella discorrerán polo regato de Porros, ou do Ribeiro, de aí o Rio Gato hasta o Arnoia e volverían a xuntarse no Miño a altura de Francelos. Neste picoto tamén empeza o descorrer de casas, maiormente de pedra e aínda medio novas, que segue a un lado e outro da estrada hasta a Presoría. Si queredes coñecerme por dentro non tendes mais que coller a rúa que vai o Mesón, baixar polos Canastros, a Castiñeira, hasta o Cruceiro. Aí parádevos un pouco porque ese poid...