Publicacións

Dito 95 : À hora do café

Imaxe
  Conversas com Estoutevendo À hora do café - Home, Estoute, estava-te buscando ! - Estoute, ti lés poesia ? - A!, bem, gostache mais a prosa, peró o que mais che gosta de momento e a prosa poética, ou que ? - Que haja algo de retranca polo médio, metáforas, paradoxos, ironia, dissonáncias e métrica tamém, rítmica. - Eu tamém estudo, sabes?. Algum dia podemos estudar os dous juntos; claro que ti és muito mais novo que mim e a tua visom seguro que é mais moderna e o teu interesse moi diferente do meu; já se vé, onde vás parar, só com ver-te vestido di-o todo. - Entendes, misticismo ? Quero dizer se tés lido. - Ti só escreves prosa, ou ? Ao melhor fás um diário, porque parece-me que o gravas todo. - Penso que está bem ler cousas doutras culturas, esperta a imaginaçom e o entendimento, creio eu. - Eu vejo assim, que lhe queres ?, ti nom sei ?. - Falas tam pouco, chacho ! Peró bem, polo menos escuitas com muita atençom à gente, Estoute. Corona falar contigo sempre, ainda que moneas mai...

Dito 94 : Venancio das Pitas

Imaxe
  Ramiras (Maio 2011) Venancio das Pitas    Aquela nai acostumaba a chamarlle ao seu fillo nomes ou alcumes cariñosos que gardaría na súa memoria de recordos. Aqueles sobrenomes podían non ter moito orde nin sentido pero moito menos  intención de ofender, aínda que a veces podería parecerllo a alguén alleo que o escoitase. Escapado do circo, Fankín, Merchor, Negro da argola ou Venancio das Pitas, serían solo algúns daqueles motes, seguro que había mais pero todos terían un significado ou motivo parecido que serían o afecto, a tenrura ou o mimo. Escapado do circo debía de chamarlle no tempo que o rapaz andaba bastante fraco e desgarbado ou viña de xogar lixoso e mal vestido. Fankín era un garda rural non moi agraciado da Bouza que casara cunha muller de Santomé; cando lle chamaba Merchor, o rapaz supoñía que se referiría ao rei mago e cando lle dicía Negro da argola, o que debía era querer dicir negro de Angola. O rapaz sempre pensou que Venancio das Pitas chamá...

Dito 93 : O catastro de Ensenada

Imaxe
  A carga dunha muller    O Catastro de Ensenada Si alguén estivese interesado en saber algo mais da orixe e a historia do seu pobo, nada mellor que percorrer a documentación escrita a mediados do século XVIII, e que agora se pode atopar dixitalizada na paxina pares do ministerio de cultura, sobre o catastro de Ensenada . Ben e verdade que son imaxes fotografadas do texto orixinal e a veces custa bastante entender o que poñen, pero aínda así merece a pena visitala, non solo pola ampla información que contén senón tamén polos detalles curiosos con que serían tratados algúns dos temas. Por esas datas Galicia dependía da Coroa de Castela que estaría gobernada polo seu rei Fernando VI e que contaba como secretario de Facenda, Marina e Indias ao Marqués de Ensenada ; personaxe que chegaría a facerse famoso pola substitución dos tributos que se viñan aplicando tradicionalmente a cambio dun imposto único, o catastro , que gravaría en proporción á capacidade económica de ...

Dito 92 : Diario dun infeliz

Imaxe
  #Edvard Munch Diario dun infeliz « Dende que non escoito as miñas voces ando un pouco mais solo e perdido. Están a darme unha medicación para que esas voces non volvan outra vez, e para iso, unha vez ao día tomo un psicotrópico, unha pastilla de color azul que me deixa a boca tan seca que apenas se me entende o que falo. Logo séguelle un estabilizador do ánimo de sabor amargo para, segundo me din, combater a depresión, o cal me estriñe e me fai inchar pola retención de líquidos, así que teño que tomar un diurético e tamén un laxante para aliviar eses síntomas. O diurético dáme dolor de cabeza e teño que combater ese efecto secundario con analxésicos, mentres corro ao baño para resolver o outro. Ademais, cada quince días inxéctanme un potente antipsicótico no ambulatorio. Dinme que ese antipsicótico sería para impedir que teña conductas malignas ou suicidas pero tamén me produce un lixeiro tremor nas mans e unha contracción nas comisuras dos labios e da cara que parece que vou f...

Dito 91 : Estoutevendo labrego

Imaxe
  Estoutevendo labrego O Estoute fora à cidade renovar o DNI. Ao chegar à comissaria : - Estoutevendo ?     - Si, eu tamém .. - Já, peró o que aqui pom é seu nome ?     - Si, claro, é bem clarinho. - É um pouco raro, nom ?     - Pra mim nom, levo toda a vida com el.     - Meu pai já nom vive para explicar-lho. - A primeira vez que o sinto !     - Todo o mundo di o mesmo. - Bem, a sua profissom, labrador ?     - Si, seica labrego, nom se pode pór. - Já, hai que pó-lo na língua oficial, em español.   Nom se pode ponher num dialeto.   Ademais, vostede nom tem um negócio ?     - Si tenho um negócio, peró fum labrego sempre. - Mire, imos pór profesión comerciante,   que queda mais eleghante, e vostede vive na cidade   e já nom lavra nada.     - Ponha como queira, vostedes mandam !       Peró saiba que os que somos labregos,       lavramos sempre. Moradelha ed...

Dito 90 : As casas velhas de Santo Tomé

Imaxe
  As casas velhas de Santo Tomé Coronam as casas velhas coas suas pedras de porpianho, com cores de tantos anos, suas pegadas seculares. Os microscópicos jardins nas artísticas paredes de plantas pre-históricas, óxidos de musgo e líquen. Com fentas nas fendiduras, agarrando-se ao substrato, enraizadas cos invernos geados coma coitelos. Elas escrevem a história do nosso amado Santomé. Essas pedras centenárias das casas da nossa aldea. Nas escaleiras sentados, cheia de contos contados nas manhás dos dias santos, ao quente do Sol do inverno. E ao resguardo da choiva, contra a parede da corte, ao agarimo das pedras e do fumegar do estrume. Música do pingar da auga caindo nos bebedeiros, que postos baixo os telhados dabam de beber ao gando. A auga limpa e bem fresca destilada pros animais, acabada de recolher no pé da sua parcela. Se as pedrinhas falaram !, quantos contos contariam ?, cumhas mulheres e hominhos aquitiempos já contaram. Raiz da velha figueira, que ainda sostem-lhe as ped...

Dito 89 : Encontros que podían haber ocorrido

Imaxe
  Santo Tomé, Marzo 2012 De conversa polas Airiñas        -¡Ti podes crer que por onde estamos a pasar agora tiñamos nos unha viña e a única maneira de vela sería pechando os ollos e facer memoria, xa que doutra maneira solo se poden ver toxos, silvas e piñeiros!    -Dimo a min, que moitas noites na cama e sen durmir, penso nalgunhas fincas que tiñamos e neses momentos sería capaz de saber como eran as marxes, e onde se atopaban os marcos, pero cando estou na zona son incapaz de localizalas.    Esta conversa levaban Maruxa e Ramiro aquela tarde de outono paseando pola pista recen feita coa chegada da parcelaria en Santomé. Decidiran ir a tomar un café pero cando estaban chegando ao bar acordaran deixalo para mais tarde e seguir andando hasta a Cruz, alí coller á esquerda cara ás Airiñas, pasar pola Subilleira, os Cardedos e seguir hasta o Tapado.    -A min iso tamén me pasa cos camiños, que penso que vou co carro de vacas ou andando...

Dito 88 : Compañeiros de andar aos niños

Imaxe
  Compañeiros de andar aos niños Poido ocorrer nos principios dos anos 1960, Antonio sancristán mais eu, ademais de monaguillos do primeiro cura que viñera novo para Santomé, eramos compañeiros de xogos e tamén de andar na busca de niños. Daquelas había moitos paxaros que facían os seus niños debaixo das tellas da igrexa, case todos eran negros, nos chamabámoslle cirrios a uns que eran moi parecidos ás andoriñas e choios a outros que se asemellaban aos merlos, debían de ser estorniños; tamén estaban os pardaos pero a estes dabámoslle menos importancia.  Antonio vivía na casa dos seus avós, o tío Xosé sancristán e a tía Elvira, xa que seus pais botarían unha longa temporada en Venezuela; como a veces era el o que abría ou pechaba a porta da igrexa, non lle sería nada difícil conseguir as chaves para subir ao campanario, dende alí, acceder ao tellado, quitar as tellas onde se intuía que podían estar os niños e collerlle os ovos que podían ter, sería unha tarefa bastante fá...

Dito 87 : O que se sabe e o que se supón que poido pasar

Imaxe
  Antonio Villar Febrero O que se sabe e o que se supón que poido pasar Se sabe que se chamaba Antonio, que o alcumaban (Caraveleira) e que nacera no fondo do Lugar, na casa onde hoxe vive Virxinia coa súa familia, un primeiro de ano de 1912; alí crecería e asistiría á escola do Cruceiro salvo nos días que tivera que axudarlle a seus pais a traballar as terras ou en ir pro monte co gando; logo faríase mozo, iría ás mozas e acabaría casando e tendo familia, se non fora porque algúns moi lonxe de alí e sen sequera coñecelo de nada, decidiran privalo da súa vida cando solo contaba 29 anos. Se sabe que o campo de concentración alemán de Mauthausen non estaba en Alemaña, que estaba en Austria, situado ao lado dunha canteira de pedra onde obrigarían a traballar aos alí recluídos baixando e subindo as 186 empinadas escaleiras cargados con bloques de granito, pedras que outros xa se encargaran antes de ir rompendo dos penedos da canteira, e todo iso a base do seu propio esforzo físico mo...