Publicacións

Dito 117 : Familias, casas e cousas (XIII)

Imaxe
  Familias casas e cousas (XIII)    Pola Carreira Branca A orografía de Santomé desde 1960 podería haber cambiado substancialmente si a estrada de Xestosa se houbera feito polo seu lado oriental, como se proxectara nun principio, e non polo occidental como se acabaría facendo. Habería mais que un motivo para que así ocorrese, pero o principal fora a influencia ou o poder dalgúns veciños que tirarían mais para ese lado co solo interese de que a nova vía lles pasase mais preto das súas casas. Como queira que fose, dende o Picoto dos Corvos hasta a igrexa, o aumento da construción de casas do lado do pobo que se fixo a estrada sería moi notable, mentres que do outro lado apenas houbera cambios. Aínda que a día de hoxe son poucos os que a nomean, xa se chamaba Carreira Branca no Catastro de Ensenada (1752), a rúa que vai da Castiñeira ao Mesón, así como as centeeiras e viñas que se estendían hasta a Ferrañeira ou o Anquedo. Ese camiño, ademais de vía de servizo para xen...

Dito 116 : Familias, casas e cousas (XII)

Imaxe
  Familias casas e cousas (XII)    Do Souto ás Airas Antes de facer a estrada de Santomé a Xestosa, chamábase tamén Souto a todo o terreo de viñas e hortas que chegaban hasta o Olivar ou o Arroio. As familias que habitaban a zona, así como as súas vivendas, irían desaparecendo case sen darse conta e por variados motivos pero, para os que nacemos a mediados do século pasado e xogamos de rapaces por aquelas corredoiras, o Souto segue vivo, aínda que só sexa nos recordos. Familias como a de Pichón, con Erundina de Santomé e Antonio de Ramiras e seus fillos: Carme e Pepe; do Durma que, a pesar de Fidelina ser do Carballal e Darío da Bouza, decidiran asentar a súa vivenda en Santomé; da tía Fidelina e tío Eliseo cos seus seis fillos, dos que xa se falaba no capítulo (V), serían só algunhas das que xa fai tempo que se foron e con elas tamén as súas casas, aínda que algunha se siga conservando a día de hoxe. Entre a casa do Durma e a da familia da tía Isabel, había unha ...

Dito 115 : Familias, casas e cousas (XI)

Imaxe
  Da Capilla ao Taller A capela que houbera en Santomé, puido estar onde está agora a fonte do Cruceiro. Non existen datos do tempo que estivo aí nin a ninguén que a recorde, polo que a mellor proba da súa existencia podería ser o nome que lle quedou ao lugar. As que si recordarían algo, si falaran, serían as pedras coas que se construíron algunhas das casas da zona, hasta non sería de estrañar que algunha desas pedras pertencera a propia capela. Nunha desas casas, fai xa tempo en ruínas, crese que viviu a familia Villar/Álvarez. Clemente Villar Dieguez, fillo de Tomás e Manuela, casou, 23/11/1896 , na igrexa de Cartelle con Emilia Álvarez Pérez, 15/2/1868 , filla de Genaro e Matilde. Fillos do matrimonio serían: Xulia, 5/2/1897 , Carme, 4/5/1898 , e Antonio. A Xulia recórdase vivindo ao lado da fonte nunhas condicións bastante precarias. Logo estivera un tempo na que fora a escola vella, pero os últimos anos da súa vida pasaríaos na casa reitoral ao quedar esta baleira pola m...

Dito 114 : Familias, casas e cousas (X)

Imaxe
  Familias casas e cousas (X)       Cara á Costa Detrás das portas de ferro que se ven ao fondo da foto están, agora abandonados, os que foron patio e casa da tía Otilia. As escaleiras que se poden ver ao lado desa porta, o mesmo que as que se ven á dereita, conducían á vivenda, cuarto e cociña que hasta non fai moito pertenceron á familia de Antonio Ferro pero, desde fai mais de cen anos atrás, esa tamén fora a morada dos Moneas; o alcume quedáralle a Manuel, patriarca dos Moneas de Santomé, de cando facían as farsas nos entroidos porque, segundo dicían, moneaba moi ben. Vicenta Fernandez Gonzalez, 18/2/1885 , filla de Xosé e Rosa de Santomé, casara na igrexa de Santa Eufemia de Ourense, con Manuel Martinez López, de vinte e dous anos, fillo de Esteban e Manuela de Seixadas. Os padriños da voda foron Manuel Estevez (Petolo de Terzas) e a súa muller Florinda Martinez (irmá do noivo). O matrimonio tivo sete fillos: Xosé, Antonio, Serafín, Concepción, Flor...

Dito 113 : Familias, casas e cousas (IX)

Imaxe
  Familias, casas e cousas (IX)       No Fondo do Lugar     A casa grande do Fondo do Lugar era a do Sancristán, polo seu tamaño, co seu patio pechado, con bodega, forno para facer pan, pozo de auga e cortes do gando; pero tamén polo concorrida debido ao seu número de descendentes, de xornaleiros, incluso algún criado, que lles axudarían a traballar o seu considerable capital. Xosé Martinez Dieguez, 31/10/1892 (o Sancristán) debía de ter pouco mais de doce anos cando inauguraron a igrexa de Santomé e, aínda así, poido ser o primeiro en encargarse das cousas da sancristía, da limpeza, e tamén en axudar ao cura no altar á hora da misa. Os seus pais foron Adrián Martinez e Xoana Dieguez, dos que se sabe que tiveron dous fillos mais: Xosefina, 7/9/1891 e Xulio, 10/5/1897 , aínda que estes dous morrerían ao pouco de nacer. Aparte do oficio de Sancristán, Xosé era carpinteiro, profesión que tamén acabarían herdando mais dun dos seus fillos. ...

Dito 112 : Familias, casas e cousas (VIII)

Imaxe
  Familias casas e cousas (VIII)    Cara ao Fondo do Lugar     Os trece chanzos que aparecen á esquerda da foto, conducían á que fora durante mais de trinta anos a escola pública de Santomé. Por alí pasarían mestres como Xosé Febrero, Antonio Reza de Tallón,   Del Caño de Cartelle, Francisco de Celanova, Aurora da Arnoia, Nabor de Xestosa ou Bautista da Cruz. Algúns destes nin sequera terían o título de mestre pero daquelas bastaba con que tiveran uns coñecementos básicos así como algo de experiencia á hora de ensinar. Aínda que esa casa é recordada como a escola vella , a realidade sería que, antes de ser utilizada como tal, pertencera e fora vivenda   dalgún membro da familia Febrero.     O apelido Febrero levaríao mais dunha familia de Santomé pero a mais numerosa, tamén a mais soada, sería a que fora propietaria desa e doutras casas dispersadas pola mesma zona. Para saber un pouco mais desta parentela empezarase falando do...