Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

Dito 38 : Un lugar sen gardas e sen Amparo

Imaxe
O Mesón Santomé “ Coidando que estes gardas fosen homes de boa opinión, fama e  costumes.” Isto era mais ou menos o que viña a dicir a ordenanza ditada alá polo  século XVIII cara a figura do garda rural, encargados de denunciar aos que  cortaban piñeiros, plantaban lume os montes e, mais que nada, aos que  metían a pastar o gando nas fincas dos outros. Pertencían ao persoal de seguridade privada, o que quere dicir que eran  os propietarios rurais os que os nomeaban si o vían conveniente para a  custodia das súas propiedades. Entre todos chegaban a un acordo para  pactar as condicións que mais lle conviñan as dúas partes. En Santomé hai recordos de tres: Mario, Fankin e Secundino do Mesón. Fankin era da Bouza pero casárase en Santomé onde tamén exercía de  garda, traía unha especie de mosquetón as costas, chamábanlle tercerola,  non sei si chegou a usala algunha vez, pero debía de impoñer certo  respecto a hora de enfront...

Dito 37 : Soneto do Santo Tomás

Imaxe
As Airas -- o -- Non busco máis, dixo a moza Odiliña, cando viu a Manoel en Santo Tomé. Aquel mozazo feitiño e bo home, sentado á conversa ao pé da cociña. De Souto, coa maleta ó lombo viña. Levaba a Mina e achegouse ó lume, a súa michiña hai dous días que non come e cheirou o Pitís, que veu axiña. Natal vinteún, do inverno o primeiro. Festa de Santomé, días cos parentes. Soños e ilusións de amor verdadeiro. Canta irmandade e xantares quentes, música de abondo, gaita e pandeiro. Sempre alegría e corazóns ardentes. -- o -- Susana Seivane No Santo Tomás do 2019 Foto : / As Airas 2006, Manolo Xereque Moradella editora

Dito 33 : A Rosa de Martiño

Imaxe
A Rosa A Rosa de Martiño O probe Martiño sempre foi moi apoucado. Un corazón tan sensíbel é moi doado mancalo. Diminuto o nome, váille moi ben axeitado. Despois o golpe que levou, anda máis agarimoso. Xa recuperado, está sempre onda Rosiña, sen parar de aloumiñala, sen deixala nunca soa. Ai! miña Rosiña, puxéronche o nome Rosa, non che se podía poñer de ningunha outra maneira. En ti vexo a cousa máis bonitiña e feitiña que hai en toda a terra nosa, por iso chámante Rosa. Si foras un home, Xacinto sería teu nome, que e a flor máis xeitosiña que arrecende miña hortiña. E se foras Deusa, para min xa o és, está claro, serías ramiño de rosas, chea de cores e de aromas. Vexo en ti esas cores, que só poden ter as rosiñas, perfúmasme cos aromas, da Deusa das frores. -- o -- Foto : / Rosiña na Moradella, 2 de Maio de 2011 Moradella editora

Dito 32 : Herdeiros da Cruz

Imaxe
Herdeiros da Cruz Heredeiros da Crus Saíndo do Barreiro cara os Feás, si miras a túa dereita verás unha cruz de madeira,  moi axada xa polo tempo pasado, suxeita no balado de pedra que cerca o monte dos  herdeiros da Tía Jovita. Antigamente o camiño discorría pegado o balado, e cando pasabas por alí non  podías evitar un calafrío no corpo ao mirala, tamén un certo respecto e hasta medo  polas historias que oias contar sobre o que pasara ou puido haber pasado naquel  sinistro lugar. Do que non había dubidas era de que alí, pouco antes de estallar a guerra civil,  habían matado a un home dun tiro de pistola, outra cousa era saber quen o fixera e o  motivo de porque o fixo. Aí, as versións que daban as diferentes persoas que vivían  nesa época eran todas moi confusas, tamén se notaba moito segredo e incluso reparo  a dar nomes de xente ou familiares. Dende o mesmo Barreiro, pero volvendo cara o Mesón, e xusto a dereita antes de...

Dito 29 : Río Gato

Imaxe
Río Gato O rio Gato O meu Gato non che ten pés Meu Gato é pequerrechiño Meu Gato dame de beber As augas que quere o Miño. -- o -- Foto :/ Fervenza do Gato, Concello de Cartelle 28 de Marzo de 2009 Moradella editora

Dito 27 : A infancia

Imaxe
Que bonita é a infancia (Felicitas dixit) A infancia Miña infancia son recordos do enxido de Angelina, cunha horta moi enxebre, chea de berzas Cun laranxo de ornamento diante a porta da cociña, e a duras penas medraba, un limoeiro Unha pereira e figueira, e unha vella maceira que non paraba de darmos mazás da libra Un galo con media ducia de galiñas remexían pola terra ó rebusco dun complemento Chícharos e garavanzos, patacas e mais xudías pexegos e mais pavías, xudías do cedo Ameixeira e fatoeiro, e no medio do enxido, unha moi alta cerdeira de atalaia onde moitas veces subín, houbera cereixas ou non e que tamén dela caín bicando o chan Coronaba subir, tan só para ver mellor os montes, de A Seara, e as serras, As Teixugueiras As cociñas fumegando, Seixadas e Seixadelas, as árbores do Carballal e do Bagullo E ó lonxe os outeiros de Castromao aliñados xa cos lindes de Lindoso, ...

Dito 22 : Elexía de Santo Tomé

Imaxe
Elexía Hai que irse despedindo distes eidos  (Anxelina dixit) Elexía de Santomé Adeus frores da miña Moradella, roseiras voadoras inzando ó ceo, mainas mesturas do arco da vella. Xa vou velliña e so un leitiño ceo, vendo pola fiestra estrelas e rosas, coma noite, todo palidéceo. Polo Castro, a lúa saúda ás Osas, cobízame a auga da Fonte Vella, e penso no entroido e nas mimosas. Eu canto chorei nesta Moradella, i esbagoei polos meus queridos, e traballeiche coma unha centella. Que boa sesta nos quentiños penedos, para sempre adeus miña Bouza fría, Ai! toxiños que calquei nos Cardedos. Adeus miña veiga da Presoría, onde as maceiras de Santiago tiña, e miña nai a apañalas bulía. Adeus do Fondo Lugar a casiña, cortello das miñas catro meniñas, canastro cheo de frores de fariña. Outeiros de carqueixas e fopiñas, onde pacían a Cuca e Marela, vaquiñas da avoa, tan bonitiñas. Canto traballo facían para ela, e canta manteza nos regalaban, dua...

Dito 20 : O Outono

Imaxe
O outono Noites de morcegos, sen cantos dos grilos. Asubíos de nordés e cheiros a lareiras Fumes na aldea A vendima xa feita Churen as carballas Xa chega o Outono Rebochan os ourizos, castañas de abondo, chamando ó magosto, os cangallos nas viñas O meu amor colleu a raiña, na festa da escasula *** Foto : Castiñeiro en Santomé 2010.10.10  Moradella editora

Dito 16 : A minha Lua

Imaxe
A minha Lua É co crescente que irei medrando e co mengoante, encolhendo. É coa tua luz que irei vendo e co teu descaimento, escurecendo. 🌟 Moradelha editora

Dito 10 : O Curro

Imaxe
O Curro O Mundo nasceu no Curro Todo aquel que trepe no Curro, será um amador dos gatos Nascem-lhe verzas e fentos Medram-lhe sainchos e ervas de campo Os penedos de baixo falam do Mundo falam da Borralha falam do Fénix Os penedos de baixo falam de ti minha meninha 🌟 Moradelha editora

Dito 9: Galiza

Imaxe
Galiza: Ata che dan de prestado a veira por onde camiñas ... Galiza As formiguiñas van levando a súa mantenza pra o canastro, dunha beira a outra do sendeiro ata o seu formigueiro. Espoñéndose a ser trepadas, polos que van indo con grandes chancos. Sen parar de carrexar millo pro canastro O seu niño non o deitará unha tempestade calquera. Galiza probe e despreciada coma sempre, coma unha formiguiña, Rosalía. Cedo espertarás sen dúbida. Teus irmáns cataláns turrarán de ti Sorride formiguiñas , que os tempos son chegados. Xa non haberá chancos con chatolas que convosco poidan Sorride enxebres, sorride galegos. Foto : Santomé, canastros no Fondo Lugar (setembro 2018) Moradelha editora