Dito 33 : A Rosa de Martiño


A Rosa



A Rosa de Martiño


O probe Martiño
sempre foi moi apoucado.
Un corazón tan sensíbel
é moi doado mancalo.

Diminuto o nome,
váille moi ben axeitado.
Despois o golpe que levou,
anda máis agarimoso.

Xa recuperado,
está sempre onda Rosiña,
sen parar de aloumiñala,
sen deixala nunca soa.

Ai! miña Rosiña,
puxéronche o nome Rosa,
non che se podía poñer
de ningunha outra maneira.

En ti vexo a cousa
máis bonitiña e feitiña
que hai en toda a terra nosa,
por iso chámante Rosa.

Si foras un home,
Xacinto sería teu nome,
que e a flor máis xeitosiña
que arrecende miña hortiña.

E se foras Deusa,
para min xa o és, está claro,
serías ramiño de rosas,
chea de cores e de aromas.

Vexo en ti esas cores,
que só poden ter as rosiñas,
perfúmasme cos aromas,
da Deusa das frores.

-- o --


Foto : / Rosiña na Moradella, 2 de Maio de 2011



Moradella editora





Publicacións populares deste blog

Dito 122 : De Ensenada aos nosos días

Dito 113 : Familias, casas e cousas (IX)

Dito 118 : Familias, casas e cousas (XIV)

Dito 121 : O mellor e único amigo do Tolo

Dito 115 : Familias, casas e cousas (XI)

Dito 106 : Familias, casas e cousas (IV)

Dito 112 : Familias, casas e cousas (VIII)

Dito 87 : O que se sabe e o que se supón que poido pasar

Dito 116 : Familias, casas e cousas (XII)

Dito 117 : Familias, casas e cousas (XIII)